S-6
A súa queixa no brañal
debulla con voz de plata
a fonte, nunha sonata
no clavecín de cristal,
e arrente duna silveira
monea no violón
con triste e pesado son
unha abella ventureira.
Aló nun souto remoto
un grilo ben afinado
trema un fadiño miñoto
"muito ben repinicando",
e o concertista pin pin
rebuldante polos matos
acompáñao en pizzicatos
no seu besgo violín.
O xílgaro, máis alá,
con voz de tiple barata
acomete unha fermata
de ópera italiá,
e o cuco no piñeiral
con gran degaranza proba
na frauta de trinque nova
toda a escala natural.
Etran "a tempo" facendo
os piñeiros violinistas
en compaña dos soístas
un sentimental crescendo
e como na Patoral
tenn un canto realista
de emoción oitocentista
o rego antre o salgueiral.
O galo
Luis Amado Carballo
Fotografías de Roque Soto
Comentarios