Nos ocos das ausencias

Vixían ollos poboando as noites
retorcidas nos ocos das ausencias,
Imponderables,chámennos as voces,
dos que un día ancearon mel e bicos.
Penas fondas. Impervios beiraríos.
Barcos engalanados. Amplas rías.
Soños oscuros e oufegados pálpitos.

Os que rondan bahías enfilando
singladuras de mar incompartido.


Son os mortos que amamos. Os que acenan
ás bébedas anémonas do espírito
peofundizando o amor dos vivos cálices.

Quizáis porten nas mans albas caladas.
Arabescos de sombras impalpables
nese exilio xeado. Onde as calandras
se emúan nos espacios. Nas submareas
amplitudes dos duros arrecifes.


Lonxe. Nas ceguedades irredentas.
Nas totales soedades sin remedio.
Cando a morte frustrou a fala tenra
e os ámbitos da vida os pecharon.



Perdín aquela escrita (Orballa en tempo lento)
Pura Vázquez


Fotografías de Roque Soto


Banda sonora:


Song of Distance - Maika Makovski

Comentarios

Publicacións populares