Ó Laxeiro


PALLAS erbas xestas uces a ferver
follas framullas a podrecer e tódolos mortos a facer por vida
liña en teima teima vida
teima a vida / tobo e codia / inceira cerrapecha
cerrapuchadiña cerrapuchadiña cerrapuchadiña
liña torta viravolta
primeira muiñeira que seguíu sempre i arrampla co Mundo
ó corro
sudar comer e beber / limparse ca mao
a cara quede toda polos ollos i a fala
camiños camiños non / carreiros
a rubir e baixar e virar i escadar repetos
poxas
nunca ó lonxe ollarollar
ninos que non van nunca ó dito tirofeito
en todo se engaiolan e todo o xanzan
cun pulo ou berro
guindastres do sangre a crebar o silencio
non seña máis longo que a verba
cinir embelecar e cair erguerse e ir e volverse estapinar teimar e
teimar
as raigañas escacinan hastra atopar i atopan
a gran déidiva en pequenas presas
nós a vaca i a ovella
a xesta o toxal i o ucedo
carballo e castiñeiro millo e trigo
e todíñalas erbas bichiños e peixes fregándose as vidas
traballar traballar traballar traballar hastra cegar i enxordar
seica somos pre esto e señámolo pois
mais sin tender pontes en demasía longas
unha ponte ha chegar xusto dunha beira autra
na que se reconoza a cara dun home
soñar soñar tódalas cousas pre ter unha a unha
terra cativa e tanta
todo sucedéndose entr'a parva i a merenda
e abertas as noites cear todos xuntos e irse por parexas
agardar ós que volvan agardar outra hora agardar agardar
sin ningúa certeza e con seguranza
agardar outro século secula seculorum
repetindo os puntos da muiñeira hastra afundirnos.


Quen amores ha
Uxío Novoneyra


Fotografías de Roque Soto




Banda sonora:


Caen as follas - Emilio Cao

Comentarios

Publicacións populares