O vento da dor


O lume do amor ardía tan debilmente,
Que na escuridade apenas viamos os seus reflexos,
E na luz dos días prácidos e perfectos,
Só brillaba o eco lento das súas brasas.
En van, para deleite do amor,
Intentamos lanzar novos praceres
Naquela pira feita de calor:
A través do impasible aire da vida,
Perdemos o lume radiante
Que unha vez nos habitou.

Logo, na noite, na penumbra triste,
Amargada pola dor máis negra,
Cuberta coa pálida néboa das miñas bágoas,
Unímonos nun abrazo tremente,
Cruzando aquel abismo escuro de salgados cristais,
Sobre a vida tranquila chegou o vento da dor,
Axitando a moribunda lapa do noso amor.


Henry Van Dike


Os días incertos. Fotografías de Emilio Blanco.



Banda sonora:


Fire and rain - James Taylor

Comentarios

Publicacións populares