Cramo no escuro entre ouros apagados
Cramo no escuro entre ouros apagados.
Na noital estrelía que incrusta
co negror da tristura. A ardente bágoa.
Faime flotar nun mundo airón morrendo.
Desdebuxado mar. Cramor que pecha
as furias contra o límite arredado.
Enrédome cos céspedes luíndo
unha escala de músicas. Un ceibe
saibo de chuvias me dobra na erba.
Soño co curvo mar. Coa dura códea
do penedío. O tránsito das ondas.
E acóchome nos deltas disgregados
coas penumbras roldándome os olvidos.
Orballa en tempo lento
Pura Vázquez
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Hombre de ninguna parte - Xoel López
Comentarios