Non estabas na miña lumieira...


Non estabas na miña lumieira
nin eu saín a
buscarte para encher os ocos que fragua a nostalxia
e que presaxian nenos ou animais feitos coa substancia da frustración.
Viñeches paso a paso polos aires,
pequena equilibrista no taboleiro flotante sobre un foso de lobos
enmascarado polos farrapos radiantes de febreiro.
Viñas condensándote dende a marabillada transparencia,
probándote outros corpos como fantasmas ao revés,
como anticipacións da túa eléctrica envoltura -o ourizo de néboa,
o globo de lustrosos vilanos acendidos, a pedra imán que absorbe o seu fatal alimento,
o refacho emplumado que xira e se detén ao redor dun ascua en torno dun tremor-.
E xa apareceras neste mundo, intacta na túa negrura inmaculada dende a cara
ata a cola, máis prodixiosa aínda que o gato de Cheshire,
coa túa porción de vida como unha perla vermella brillando entre os dentes.


Olga Orozco


Fotografías de Roque Soto

 


Banda sonora:

http://youtu.be/UArWVllS0Ro

Il cielo in una stanza - Mina

Comentarios

Publicacións populares