Adeus

Continuade contaminando e corrompendo o voso leito e calquera noite morreredes afogados na vosa propia sucidade. Iso si..., camiñaredes cara á extinción rodeados de gloria e esporeados pola crenza nun Deus que vos dá poder sobre a Terra e sobre os demais homes. Cando todos os búfalos se vaian, os cabalos salvaxes fosen domados, o canto máis secreto do bosque invadido polo ruído da multitude, e a visión dos outeiros estea manchada polos arames falantes, cando desapareza a espesura e a aguia se extinga, haberá que dicir adeus ao cabalo veloz e a caza.



Verbas dun xefe Suquamish (século XIX)



Fotografía de Roque Soto



Banda sonora:


No No Keshagesh - Buffy Sainte Marie


Comentarios

Publicacións populares