Como ti

Así é a miña vida,
pedra,
como ti. Como ti,
pedra pequena;
como ti,
pedra lixeira;
como ti,
canto que rodas
polas calzadas
e polos carreiros;
como ti,
seixo humilde das estradas;
como ti,
que en días de tormenta
afúndeste
no lodo da terra
e logo
escintilas
baixo os cascos
e baixo as rodas;
como ti, que non serviches
para ser nin pedra
dunha lonxa,
nin pedra dunha audiencia,
nin pedra dun pazo,
nin pedra dunha igrexa;
como ti,
pedra aventureira;
como ti,
que talvez estás feita
só para un tirafonda,
pedra pequena
e
lixeira...



León Felipe


Fotografía de Roque Soto



Banda sonora:


Como tú - Paco Ibáñez


Comentarios

Publicacións populares