Por iso estou nas palabras
Porque o silencio vive se a palabra cala
e o esquecemento esténdese onde o amor deserta,
e das mordedelas gozosas ou crueis
só queda a pegada que arrancan ás prensas.
e o esquecemento esténdese onde o amor deserta,
e das mordedelas gozosas ou crueis
só queda a pegada que arrancan ás prensas.
Por iso estou nas palabras.
Porque a cerdeira dá os seus froitos sen sabelo
e sen sabelo o cánabo presaxia as bandeiras,
pero o home coñece que entre nada e a nada
só pode deixar uns vocábulos limpos.
e sen sabelo o cánabo presaxia as bandeiras,
pero o home coñece que entre nada e a nada
só pode deixar uns vocábulos limpos.
Uns vocábulos limpos ou unha voz iracunda
que arranque o veo teso onde se acocha o sono,
porque só a voz, as palabras perduran
cando embebe a xeada a luz dos tecidos.
que arranque o veo teso onde se acocha o sono,
porque só a voz, as palabras perduran
cando embebe a xeada a luz dos tecidos.
Por iso estou nas palabras.
Porque a pesar de todo, contra razón, salvo
queda o que dixo. E nada,
contra razón tamén, queda do que calou,
senón o molde baleiro da súa materia muda.
queda o que dixo. E nada,
contra razón tamén, queda do que calou,
senón o molde baleiro da súa materia muda.
Por iso estou coas palabras e por iso
redescubro un sentido á trangallada nelas
e repito sons que herdei sen querelo
e é o meu rozamento no seu uso o meu paso pola historia.
redescubro un sentido á trangallada nelas
e repito sons que herdei sen querelo
e é o meu rozamento no seu uso o meu paso pola historia.
Viaxes e estanzas
Jesús Munarriz
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Me queda la palabra - Aguaviva
Comentarios