A casa do pasado


A chave produciu un tétrico son cando xirou no fecho, e cando a porta se abriu sobre un vestíbulo baleiro, escoitei estraños murmurios e choros, e o rozamento de teas, como de xente movéndose en sonos, a punto de espertar. Entón, un espírito de gran tristura veu a min, empapando a miña alma; os meus ollos comezaron a arder e no meu corazón advertín unha estraña sensación, coma se algo que durmira durante anos se espertase. Todo o meu ser, incapaz de resistir, rendeuse inmediatamente ao espírito da melancolía máis profunda, e a dor do meu corazón, mentres as cousas movíanse e espertaban, por un momento fíxose demasiado forte para expresalo en palabras...


Algernon Blackwood


Fotografías de © Roque Soto





Comentarios

Publicacións populares