Ao borrarse a neve
Ao borrarse a neve, afastáronse
os montes da serra.
a veiga verdeceu
ao sol de abril, a veiga
ten a verde chama,
a vida, que non pesa;
e pensa a alma nunha bolboreta,
atlas do mundo, e soña.
Coa ameixeira en flor e o campo verde,
co glauco vapor da ribeira,
en torno das ramas,
coas primeiras silveiras que branquexan,
con este doce sopro
que triunfa da morte e da pedra,
esta amargura que me afoga flúe
en esperanza de Ela...
os montes da serra.
a veiga verdeceu
ao sol de abril, a veiga
ten a verde chama,
a vida, que non pesa;
e pensa a alma nunha bolboreta,
atlas do mundo, e soña.
Coa ameixeira en flor e o campo verde,
co glauco vapor da ribeira,
en torno das ramas,
coas primeiras silveiras que branquexan,
con este doce sopro
que triunfa da morte e da pedra,
esta amargura que me afoga flúe
en esperanza de Ela...
Campos de Castela
Antonio Machado
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
El lenguaje de las flores - Enrique Morente
Comentarios