Compás de versos
Hoxe pésame o recordo
tanto como o esquecemento.
Hoxe deixo que as flores
adornen o camiño,
e sigo na sorpresa
máis alá da miña mesma.
Aínda hai paisaxes
con longo recorrido;
etapas que comezan
cando outras rematan.
Non deixarei que a morriña
prodúzame maniotas:
Adestrareime na vida
Hoxe
Milagros Morales García
http://poetaenparo.blogspot.com/
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Serra e ribeira (Genesis-Jorma Kaukonen) - Sam Rock
Comentarios