Mar
Baixo a miña cama estades, cunchas, algas, areas:
comeza o voso frío onde rematan as miñas sabas.
Rozaría unha xávega con descolgar os brazos
e a súa rede tendería do pau de mesana
deste leito flotante entre ataúde e talla.
Cando pecho os ollos cóbrenseme de escamas.
Cando pecho os ollos, o vento do Estreito
pon olor de Guinea na roupa mollada,
pon sal nun cesto de flores e acios
de uvas verdes e negras enriba da miña almofada,
pon cheo o insomnio, e nun longueiro entón
séntome co meu sono a ver pasar a auga.

Marta & María
María Victoria Atencia
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Wooden Ships - Crosby, Stills, Nash & Young
Comentarios