Memoria asolagada

Día a día, en efecto, a partir daquela noite xunto ao río, a chuvia foi asolagando a miña memoria e tinguindo a miña mirada de amarelo. Non só a miña mirada. As montañas tamén. E as casas. E o ceo. E os recordos que, deles, aínda seguen suspendidos. Lentamente, ao principio, e, logo xa, ao ritmo en que os días pasaban pola miña vida, todo ao meu arredor fórase tinguindo de amarelo coma se a mirada non fose máis que a memoria da paisaxe e a paisaxe un simple espello de min mesmo.



A chuvia amarela
Julio Llamazares

Fotografías de Roque Soto


 
 
Banda sonora:
 
 
Gotas de lluvia - La Rosa
 
 

Comentarios

Publicacións populares