Nocturno

Engarzado na noite o lago da túa alma,
diríase unha tea de cristal e de calma
tramada polas grandes arañas do desvelo.

Nata de auga lustral en vaso de alabastros;
espello de pureza que refulxes os astros
e reflexas o cume da vida nun ceo...
Eu son o cisne errante dos sanguentos rastros,
vou manchando os lagos e remontando o voo.



Delmira Agustini


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora:


Rainy Day, Dream Away - Jimi Hendrix 

Comentarios

Publicacións populares