O mar é un esquecemento

O mar é un esquecemento,
unha canción, un beizo;
o mar é un amante,
fiel resposta ao desexo.

É como un reiseñor,
e as súas augas son plumas,
impulsos que levantan
ás frías estrelas.

As súas caricias son sonos,
entreabren a morte,
son lúas accesibles,
son a vida máis alta.

Sobre costas escuras
as ondas van gozando.



Jorge Guillén


Fotografía de Emilio Blanco

Banda sonora:


Language of the Gaels - Dan Ar Braz

 

Comentarios

Publicacións populares