O miradoiro

Tarde de abril. Toda a morriña
xunto ao ventanal. Anil, ouro e ocaso.
Dende o miradoiro, ninguén cruza a praza.
Repica a choca dun convento, claro
bigornia dun alcipreste que asoma tras os seus muros.
Entón os ollos volven da rúa
cun tempo morto a instalarse de novo
baixo o azafrán da lámpada turbia.
Dá un reloxo as horas que se pousan sobre
os mobles, igual que noutros versos, como
misteriosas aves de plumaxe negra.
Ao abrir as follas, soan secas ondas
no abrecartas. Vaivén de pataches.
É un libro rancio encontrado de lance.
Poeirento. Nada extraordinario: un vello
cóntanos a súa vida. Cabe nesta hora.
Tarde de abril. Toda a morriña
xunto ao ventanal...


A vida fácil
Andrés Trapiello

Fotografía de Roque Soto



Banda sonora:


Estrada da Montanha - Madredeus

Comentarios

Publicacións populares