O recuncho de Antonio Vidal
O Sil, que chega do Bierzo cunha longa esprencia, traballa, entre as serras da Enciña da Lastra, o Mountouto, as cinguidas co Caurel e a costo da terra de Lemos, á dreita, e o conxunto e podente erguemento das Medas, á ezquerda, o seu val, ás veces sóio a súa canle, con dous intres de admirable e ricaz espallamento das formas propiamente valecas nas terras de Valdeorras e Quiroga.
...Os tramos de enérxico loitar do Sil esculpen nas pizarras pre-valdeorresas e afondan nas grandes composicións de encostas rachadas polos torrentes, afondidos meandros en ensaios de reibeiras, da afluencia do Sor, do Montefurado, do pé da serra da Moá.
Os ríos galegos
Ramón Otero Pedrayo
Fotografía de Antonio Vidal dende o outro lado do Sil cara Sequeiros (Concello de Quiroga)
Banda sonora:
Running from home - Bert Jansch
Comentarios