Un longo adeus

Que preguiceiro día
que non quere marchar
hoxe á súa hora.
O sol,
xa tras a liña lúcida
do horizonte,
tira del,
reclámao.
Pero
os paxaros enrédano
co seu canto
nas ramas máis altas,
e unha brisa contraria
sostén o po
dourado da súa luz
sobre nós.

Sae a lúa e segue sendo o día.
A luz que era de ouro agora é de prata.


Outono e outras luces
Ángel González


Fotografía de Roque Soto



Banda sonora:


I Want To Alone - Jackson C. Frank

Comentarios

Publicacións populares