A pequena
Vin a pararme fronte a todas as
portas
Pero ninguén escoita a miña oración silenciosa.
Toco e non obstante sigo sendo invisible
Porque eu estou morta, porque estou morta.
Só teño sete anos, a pesar de que morrín
En Hiroshima hai moito tempo
Teño sete anos igual que entón:
Cando os nenos morren, non crecen
O meu pelo estaba chamuscado polas chamas arremuiñadas
Os meus ollos escurecéronse, os meus ollos cegáronse.
A morte veu e devolveu os meus ósos ao po,
E o vento dispersouno.
Non necesito froita, non necesito arroz,
Non necesito doces, nin sequera pan.
Non pido nada para min
Porque eu estou morta, porque estou morta
Todo o que pido é pola paz
Que loites hoxe, que loites hoxe
Para que os nenos deste mundo
Poidan vivir e crecer, rir e xogar.

Nazim Hikmet
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
I Come And Stand At Every Door
Comentarios