Cantiga de outono
 
Os saloucos máis fondos
do violín do outono
son igual
que unha ferida na alma
de congoxas estrañas
sen final.

Tremente recordo
esta fuxida do tempo
que se foi.
Evocando o pasado
e os días afastados
chorarei.

Este vento lévase
o onte de tebras
que pasou,
unha mala borrasca
que levanta follaxe
como eu.
 
 
Paul Verlaine
 
 
Fotografías de Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares