DUN CEO DE FOGO
Serra aberta
Os días daquel derradeiro vrán eran de moítisima calor na montaña. Grandes nubes redondas, brancas de contornos nidios, cobrían parte dun ceo de fogo. Na noitiña viña da serra un airiño fresco a temperar a quentura. Víase alustrar lonxe, pola banda do Soldón, e, moito tempo despóis, meio apagado, un xordo trono sacudía a montaña coma si andiveran a chimpar bocois polas encostas.
Fogo solto
Eduardo Moreiras
Fotografías de Roque Soto
Comentarios