Canción de camiñantes


Porque o camiño é árido e desalenta,
porque temos medo de andar ás apalpadelas,
porque esperando a soas pouco se alcanza
valen máis dous temores que unha esperanza.

Dáme a man
e imos xa.

Se por delicadeza perdín a miña vida
quero gañar a túa por decidida.
Porque o silencio é cruel, perigoso a viaxe,
eu douche a miña canción, ti dásme coraxe.

Ánimo darémonos a cada paso,
ánimo compartindo a sede e o vaso.
Ánimo que aínda que envellecésemos
sempre a dor parece acabada de nacer.

Porque a vida é pouca e a morte moita.
Porque non hai guerra pero segue a loita.
Sempre nos separaron os que dominan
pero sabemos hoxe que iso remata.




Como a cigarra
María Elena Walsh

Fotografías de Emilio Blanco


Banda sonora




Comentarios

Publicacións populares