Luz de setembro
Na luz de setembro
estou a buscarte.
Era unha madrugada de campás
que me aluma aínda a alma.
Todo o amor do mundo
asolagaba os teus ollos.
Era un claro setembro
de azares.
A túa man, firme e morna,
na miña man.
Os teus beizos na miña fronte
e todo era tan fráxil!
Como un fío de sol
entre a chuvia.
como o cheiro
dunha rosa branca.
Sobre a miña covardía
e a miña derrota
xira o mundo implacable.
Seguireite buscando,
co amor de sempre,
no meu setembro
solitario.
Maruja Vieira
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
Comentarios