A mañá está en calma
A mañá está en calma, sen murmurios; en calma,
como para ofrecerse a unha dor máis tranquila;
e, tan só topando coas follas murchas,
o froito do castaño escorrese ata o chan.
Calma e profunda paz nestas altas lombas
e en gotas de orballo que inundan os toxos femias,
e nesas arañeiras de prata, que entre o ouro
e o verde escintilan.
Calma e tranquila paz na chaira vasta
que ao lonxe se tende, con boscaxes de outono,
e nas granxas poboadas e en torres que se tornan
miúdas e mestúranse co mar murmúrante.
Calma e profunda paz no aire amplo,
nas follas que torna avermelladas a outonada,
e se no meu corazón houber algunha calma,
será desesperanza tranquila, soamente.
Calma sobre os mares e prateado sono
e correr das ondas, que van ao seu repouso;
e calma da morte naquel nobre peito,
que alenta, pero só coas augas fondas.
Alfred Lord Tennyson
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora
Comentarios