Arde o mar


Oh ser un capitán de quince anos
vello lobo mariño as velas despregadas
as sereas dos portos e a feluxe e o silencio nas barcazas
as pipas fumegantes dos armadores pintados ao óleo
as folgas dos cargadores as grúas paradas ante o
ceo de cinc
os tiroteos nocturnos na dársena luzadas un corpo
nas augas con xordo estoupido
o fume nos cafetins
Dick Tracy os cristais embazados a música zíngara
os relatos de polbos serpes e baleas
de ouro enterrado e de filibusteiros
Un mascarón de proa o vello deus Neptuno
Unha dama nas Antillas ri e axita o abano de nácara
baixo os cocoteiros.



Pere Gimferrer


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora



Comentarios

Publicacións populares