Coas pedras sagradas...
Coas pedras sagradas
dos templos caídos
grava miúda fixeron
os martelos
longos
dos canteiros analíticos.
Despois,
sobre esta grava, verteuse
o piche negro e viscoso
dos pesimismos.
E agora... agora, con esta mestura estraña,
abríronse calzadas e camiños
por onde o cascabel da esperanza
acelera o seu ritmo.
León Felipe
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora
Comentarios