Epitafio a Noriega Varela



Perdoade cando esbardallei e finxín.
Pro foi verdade que amei a flor do toxo
e as pucharcas do monte,
que endexamais saberán das estralas que as miran.
Con sombreiros novos cubrín meus desacougos
e morrín na beiramar sen despedirme
das uces, das queirogas, das folerpas da neve, 
das mozas da montaña e da montaña mesma, 
que andará preguntando polo seu soñador.



Álvaro Cunqueiro


Fotografía de Emilio Blanco


Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares