Neve en San Anselmo


Hai folerpas en San Anselmo,
os cervos cruzan xunto aos semáforos
e na misión da vella vila de San Rafael
un tolo busca pelexa
un tolo busca pelexa.

O salón de masaxes está aberto,
Os clientes entran e saen,
a emisora de música clásica
soa ao fondo maina e caladamente,
soa ao fondo maina e caladamente.

O silencio rodéa as fervenzas,
o xeo crebradizo e transparente,
o comezo da ópera
parece xurdir de golpe,
parece xurdir de golpe.


A casa de almorzos está chea,
está aberta as 24 horas todos os días do ano.
E se sofres de insonmio
podes acelerar o tempo ata que desapareza,
podes acelerar o tempo ata que desapareza.

Hai neve en San Anselmo,
miña camareira, miña camareira, miña camareira
dixo que empezaba a caer,
dicía que facía máis de 30 anos que non nevaba
pero agora está tapando o chan,
pero agora está tapando chan.




Hard Nose The Highway (1973)
Van Morrison


Fotografías de Emilio Blanco


Dedicado a toda a xente de California que visita este blog


Banda sonora



Comentarios

Publicacións populares