A busca da luz

Mentres, aínda saímos buscando, como náufragos, os restos da nosa cidade que afloran nunha estreita rúa, nun remozado chiringuito, nunha aperta diante da barutada luz dunha farola, no silencio recostado na pequena praza que se quedou momentaneamente baleira. A modernidade está sempre no corazón, na sensibilidade dun mesmo. En Ulises. En Shakespeare. En Charlot. En Cervantes. En Cernuda. Habita alí a beleza. Non necesita campañas publicitarias. Como a rosa, por moito que se intente describila, é sempre máis suxestiva cando agroma natural, no seu auténtico marco: o da liberdade nin mediatizada nin comercializada.


Tempo de Madrid
Andrés Sorel


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares