Ao sol
E haberás de ser eterno, inapagábel,
sen que nunca xamais a túa infinda fogueira
perda a súa luzada, sempre incansábel,
audaz seguindo a túa inmortal carreira,
fundirse as idades mirando
e só, eterno, perenal, sublime,
monarca poderoso, asoballando?
Non; que tamén a morte,
se de lonxe séguete,
non menos arelado perséguete.
Quen sabe se tal vez pobre lampo
es ti doutro sol que outro universo
maior que o o noso un día
con dobre luzada clarexía.
José de Espronceda
Fotografías de Emilo Blanco
Banda sonora
Comentarios