Inquietude
Un día foi ao bosque. Ía só, porque era o que máis lle gustaba. Facíase de noite e as nubes amontoáronse, comezou a chover coma se o ceo enteiro fóra unha comporta pola que a auga se esborrallaba; fíxose tan escuro, como a noite no máis profundo pozo. Tan pronto esvaraba na herba mollada, como tropezaba contra as pedras espidas que asomaban no chan rochoso.
Hans Christian Andersen (1805-1875)
A chapacuña. Fotografías de Emilio Blanco.
A tradición oral da maioría das culturas sitúa ao bosque como un lugar onde pode agocharse algo terrible, a fera inimaxinable, o mal. O danés Andersen non foi alleo a esa apreciación, pero tamén o bosque constitúe a miúdo unha paraxe íntima, intransferible, como moi ben di a escritora Ana María Matute.
Banda sonora
Comentarios