Auga, auga
Tanta auga, quilómetros debaixo dela debaixo de ti, formando ronseis a través de covas mergulladas, unha cornixa de auga envorcándose noutra, vastos lagos secretos, todo un mundo de auga debaixo, prehistórico. Era un mundo de centos de quilómetros de pasado e futuro, que se ondulaba a si mesmo en interminables mareas sen lúa. Auga, auga, todo auga. Por suposto con nosa estela nel, o noso fráxil patexo. Por suposto que podían non ser máis que follas ciscadas na superficie. Tanta auga, non podes cambialo. Podes imaxinar outras cousas que poderías facer; se queres, ensarillarte os miolos con detalles, acontecementos, nomes de persoas e as súas idades...Pero acaso estas cousas proporciónanche algo máis do que tiñas ao comezo?
A auga posúeas, a esas persoas que supós que eran a túa vida. Tente a ti. É o pulso do auga o que agora latexa na túa boneca. E sábelo. A auga, ela é o teu fermoso corpo actual con todas súas fendas. Pecha os ollos, ela segue aí. Algúns días a superficie do auga está estendida como satén; outros está enrugada e osuda. Aí está memoria. Imaxes puras de marea e profundidade e a cor do auga...Estas son cousas que aínda te poden servir. Quen eras, quen es agora, a túa xente...Están afogádos nela. Todo o demais é auga.
Rain
Kirsty Gunn
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora
Comentarios