Natureza

A nosa época é retrospectiva. Constrúe os sepulcros dos seus pais. Escribe biografía, historia e crítica. As xeracións que nos precederon miraban á cara a Deus e á natureza; nós, miramos cos seus ollos. Por que non ter tamén o privilexio dunha relación orixinal co universo? Por que non ter unha poesía e unha filosofía que inquiran nos arcanos, non na tradición; e unha relixión que nos sexa revelada, e non a historia da relixión dos nosos pais? Dentro do seo da natureza por un tempo, coa súa afluencia de vida corricando arredor e a través noso, invitándonos cos seus poderes a toda acción proporcionada á súa natura, por que andar ás cegas buscando entre os ósos do pasado, ou facer escarnio de todo o vivente polos farrapos das súas roupas? Tamén hoxe loce o sol. Hai máis la e liño nos nosos campos. Hai terras novas, homes novos, ideas novas. Esixamos as nosas propias obras, e leis, o noso propio culto.


O espíritu da natureza
Ralph Waldo Emerson


Fotografías de Roque Soto

Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares