Certa luz inclinada


Hai certa luz inclinada
nas tardes de inverno,
que preme como o peso
dos sons dunha catedral.

Fainos unha celeste ferida
Non atopamos a cicatriz:
só unha diferenza interna
onde se encontran os sentidos.

Ninguén pode ensinarlle algo,
porque é o selo, a desesperanza:
unha aflición de realeza
que nos envía o aire.

Cando vén, a paisaxe escoita;
as sombras deteñen a respiración;
cando se afasta, é como a distancia
na mirada da morte.



Emily Dickinson


Fotografía de Emilio Blanco



Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares