Estación: Inverno

Non ten fin este rio que envellece
no árido crepúsculo.
Non queda outra oferenda para o chuva
que o vacilante mármore no pórtico da pedra.
E sabemos así que é negra a neve
mentres medra a escamenta e a carriza.
Así sabemos que persiste o corpo
e nos recantos hai miradas tristes.
Unha desorde antiga invade as cousas
cand0 a sombra do mar dilata as naves.
Inverno: frio túmulo dos ollos
onde se inclina o Tempo.


De o corpo e as sombra
Eusebio Lorenzo Baleirón 

Fotografía de Roque Soto


Banda sonora



Comentarios

Publicacións populares