Invitación á viaxe

Esplendoroso
sol entre piñeiros.
Invitación. Chamada.
Eternidade do momento.
Articulada luz
como unha lanza.
Solpor do mundo.
Cinsa e luz.
A fin, o comenzo.
Outros lugares me reclaman.

O bris da tarde
nun rumor xordo
agarima -nos a face
Despedimo-nos
Agarda-nos a viaxe
Outras serán as mans,
outro o vento que meza
dondamente os teus cabelos
e te anaine

Eu ficarei coa néboa
Onde non me exoite naide.
Aciñeiras

Luz cansada
pálida
Por que nunca chegara
a este lugar de asombro?

Cruzan paxaros
Vai-se o dia
e ninguén se decata

Espácio desolado
Algo pasa, Melancolía lene
como aza.



Poema publicado na revista Dorna, nº 8. Maio de 1985
Xulio López Valcárcel


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares