Nas rúas de Nova York

O seu corpo está dorido e está tirado na porta/ Non podo miralo/ Está cuberto de chagas/ Antes estivo internado/ Unha vítima do estrés/ Devolvérono á sociedade/ Déronlle este enderezo/ Nas rúas de Nova York/ Non vexo nada malo/ Nas rúas de Nova York/ Só vexo a xente/ Vexo a un recén nado/ Saíu nas noticias da tarde/ Alguén abandonouno nunha calella/ Nunha caixa de zapatos/ Non podo miralo/ Xúroo, non son tan insensible/ Non podo culpar á súa nai/ Como podía saber o que facía?/ Nas rúas de Nova York/ Non vexo nada malo/ Nas rúas de Nova York/ Só vexo a xente/ Oe boneca por que non vés a buscarme?/ Por que non me levas á túa casa esta noite?/ Pon roupa sexy!/ Estaremos despertos ata que clarexe/ Eu non te estou a utilizar, e ti tampouco/ Pero usaremos todo o que atopemos/ Para sentirnos libres un intre/ Non son un predicador/ Tío, fago as cousas máis mal que ben/Ven a buscarme e troularemos esta noite/ Non quero pelexas/ Só son un espectador, créeme, igual que ti/Pecha os ollos, pecha a boca, tapa as orellas/ Non somos monos! ¡Méteo na cabeza!/ Nas rúas de Nova York/ Non vexo nada malo/ Nas rúas de Nova York/ Só vexo a xente.


Party girls/Broken poets
Elliot Murphy (1949)

Fotografía de Gino Vanelli na portada de Nightwalker 


Banda sonora



Comentarios

Publicacións populares