Recordos valdeorreses
Eiquí me tedes, vello de corpo e mozo de espírito, contento de vir a cumpir o mandato de pregoar ás Festas Patronais do Barco.
Fai corenta e tantos anos lisquei de esgueiras, ou, como tamén se dí, deille sebo ás canelas: dexei as beiras do Sil e dispois de amarguexas vicisitudes naveguei polo Atlántico e fun acorar na banda de acolá do Gulf Stream
Pregón das festas do Cristo do Barco, 1981
Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987)
Fotografía de Roque Soto
Comentarios