Saltar ao contido principal
Río acachoado
Na orela, lonxe, onde o río acachoa nos muíños, había xente. Unhas señoritas, vestidas de claras cores, brazos espidos, sentábanse na area fina e lucente: ao pé delas, deitado, un rapaz queimado polo sol e amorenado pola auga, en traxe de baño, decíalle cousas que as facían estralar de risa. Unhas graves vacas marelas baixaban a beber e ficaban quietas, extasiadas, diante o milagre daquela cousa brillante que corría chea de luz de sol.
Arredor de sí
Ramón Otero Pedrayo
Fotografía de Roque Soto
Comentarios