Unha casa moi grande
Era unha casa moi grande cos millores eidos do val. Tiña cinco grandes balcós na parte dianteira. Había un curro pechado a mao direita, ondia estaban as cuadras i os cuartos dos criados. Frente por frente, ó outro ladodo camiño real, estaba o xardín, que era un pouco costeiro. María Santísima, cánto albre alí había! Teixos, alcipreses, outros que lles chamaban paulonios os señoritos, castaños dises de Indias e buxos de centos de anos. Tamén había unha laga pra rega i un carnaval. E moitísimas roseiras. Dabra groria andar por alí pola primaveira. Chegaba o cheiro das froles ó outro lado do río. Aquiles señores antigos sabían vivir moi ben...
l
l
l
A caixa de morto. Á lús do candil.
Anxel Fole
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora
Comentarios