Alborada


A néboa espreguízase ó deixar o leito dondo das searas. Sobe con traballo as costas, e bícalle os seos á montaña, nun xeito de amante e vagorosa despedida. Logo Espállase no ar, e vaise a lavarlle os rincós ó ceo, que aína ten apegadas unhas codias da noite, e tamén a fronte do sol, que enfurruxóuselle, de estar soterrado tantas horas.



O regueiro, que estivo aparvado toda a note cavilando en si o menguante da lúa, non sería unha tallada de cabazo do ceo, e quizabes o fouciño das estrelas chorosas, botouse a camiñar con présa, deica a gorxa do muíño famento, que o engule, dempois de mordelo i esnaquizalo cos dentes sádicos do rodicio.


Do paisaxe galego
Eduardo Blanco Amor


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares