Illas ameazadas 

O cambio climático é evidente e a súa influencia está tamén na suba do nivel do mar. Durante o século XX, o termo medio de suba do nivel do mar foi entre 10 e 20 centímetros. O troco ten que ver así mesmo coa progresiva destrución dos glaciares alpinos e o desxeo no Ártico e na Antártida, o cal pode provocar unha subida de máis de medio metro do nivel dos mares e océanos, coa conseguinte destrución de illas e zonas costeiras. 

Se non se logran reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a temperatura da terra terá aumentado unha media entre 1,4 e 5,8 graos, o cal supón que unha terceira parte dos ecosistemas terrestres se modificará de forma radical e máis dun millón de especies estarán en perigo de extinción. 


San Simón cara a ría, fotografía de Roque Soto


Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares