O último día
Espesas nubes de escuridade xurdirán un día;
Unha noite repentina dominará o repouso do planeta,
Ventos impetuosos esgazarán os bosques;
As montañas eternas, como os seus cedros, cederán,
O val escoitará os ruxidos do océano
Rompendo as cadeas das súas ribeiras;
Unha mancha de sangue crecerá na lúa de prata,
As sombras invadirán o círculo do sol;
Da intimidade do ceo rodarán os tronos incesantes,
E o seu eco profundo atordará nos polos.
Edward Young
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora
Comentarios