O vento antre as canas


Está falando o vento
ó pasar antre as canas.
Un pensamento
cósmico, un lamento
de palabras estranas.
E o vento que pasa,
cun esgazar de gasa,
antre elas, cortexándoas...
ai que se van romper!
Mais elas estíranse
avantan e retíranse,
e resisten igoal ca unha muller.
Así van a miñas verbas coma o vento,
á tua beira, muller.
Un acariño eterno i un tormento.
Pero a nosa vida voa como o vento,
e o que ben puido ser, no pode ser.




Xosé María Díaz Castro 
     

Lagoa de Ocelo (provincia de Ourense perto do linde con Zamora). Fotografía de Emilio Blanco.


Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares