Sono

Esgazada a nube
o arco da vella escintilando xa no ceo.
E nun fanal de chuvia
e de sol o campo envolto
Espertei.
Quen tolda xa o meu sono?
O meu corazón
latexaba atónito e disperso.

O limonar florido o alcipresal do horto,
o souto verde, o sol, a auga, o iris,
a auga nos teus cabelos
E todo na memoria perdíase
como unha pompa de xabón ao vento.


Antonio Machado


Fotografía de Emilio Blanco



Banda sonora


Comentarios

Publicacións populares