Homenaxe a Carvalho Calero
¿Por que lugar do muro está a sombra?
Nin tan sequera as illas perduran nos xardíns.
Alta cidade tinguida pola néboa
Érguense aínda
a irtia sabiduría do estaleiro,
a beiramar, as torres.
Gardo de ti
a fronda impenetrable
onde habita unha guerreira múseca.
.........................
(¿Que canción de muchachos
nese estanque onde reinan os peixes?)
.........................
Ser o lugar por onde a simbra cae
e outorga un corazón a escuras.
Xohana Torres
Fotografía de Roque Soto
Comentarios