A miña vida é como un lago taciturno...
A miña vida é como un lago taciturno.
Se unha nube afastada me saúda,
se hai unha ave que canta, se unha muda
e recóndita brisa
inmola o desalento das rosas,
se hai un rubor de sangue na imprecisa
hora crepuscular,
eu me conturbo e tendo o meu sorriso.
A miña vida é como un lago taciturno!
Eu souben formar, gota por gota,
o meu fondo azul de ver o Universo.
Cada novo rumor deume a súa nota,
cada matiz diverso
deume o seu ritmo e ensinoume o seu verso.
A miña vida é como un lago taciturno...
Salvador Novo
Fotografía de Emilio Blanco
Comentarios