O gato branco
Quen non oíu contar de neno a famosa historia da gata branca! Pero eu vou contar aquí a historia dun gato branco moi distinta á da amable e encantada princesa que tomou este disfrace durante unha tempada. O gato branco do que vou falar é un animal moito máis sinistro. O que viaxa de Limericka Dublín, tras deixar atrás os outeiros de Killaloe á esquerda, cando o monte Keeperse ergue a súa vista, vaise vendo gradualmente rodeado, á dereita, por unha cadea de outeiros máis baixos. No medio esténdese unha chaira ondulada que se vai afundindo paulatinamente ata un nivel inferior ao do camiño, cuxo carácter agreste e melancólico alivia algún que outra sebe esparexida...
Fotografía de Roque Soto
Comentarios