Paisaxe

Moitas veces, á mañá, polo xeo da auga
sobre una barca de claras saias.
Aínda está núa a magra cuíña tendida
na néboa do sol e envólvese de verde
puberdade, coma un veo. A barca inexperta
dá as veces sacudidas que forman escuma branca.

As rapazas cruzan os brazos co esforzo
e falan devagar. "Xa verá como o so
nos brocea". Teñen as costas núas ó aire.
A cuíña de ferruxe sorri baixo o ceo.
As rapazas fítana ós poucos. A terra
ten a cor que terán baixo o gran ceo de agosto,
ombreiros e cadrís ocultos baixo as claras saias.

Nubiñas floridas salpican os outeiros
sobre o espello da auga. As rapazas inclinadas
botan unha rápida ollada ós cabelos revoltos,
dentro da auga. Algunha sorrille soa
o seu rostro. Algunha enxuga de súpeto
a suor punzante que sabe a orballo.

A unha sacudida máis forte, abandonan os remos
e a barca gurgulla. "Xa verás como o sol
nos broncea". Volven a caer as claras saias
polas pernas. Algunha xa non aparta os ollos
da bela cuíña onde o sol evapora
o orballo e nun intre encherá todo o ceo.



Outras poesías 
Cesare Pavese


Fotografía de Emilio Blanco




Comentarios

Publicacións populares